17 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Feira Renacentista de Viveiro terá lugar do 11 ao 14 de xullo

11-06-19

 Viveiro, 11 de xuño de 2019. Nos próximos días, vaise presentar a programación da Feira Renacentista, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo de 2019. Trátase dunha programación máis ampla que en edicións anteriores, que comezará o mércores e que ten como obxectivo ambientar a cidade durante toda a semana con actividades culturais, musicais, etc.

Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado, tendo en conta que todas as previsións apuntan ao incremento das comidas e ceas servidas polos locais de hostalería e tendo en conta, así mesmo, que o material de titularidade municipal nunca alcanza para cubrir a demanda existente, nesta edición, o concello adoptou a decisión de facilitar o préstamo de mesas e cadeiras unicamente para comidas e ceas, que teñan lugar o sábado, organizadas por particulares.

Adóptase esta decisión atendendo á grande demanda de anos anteriores, que obrigaba a repartir o material existente entre todas as solicitudes presentadas e resultando que aos locais de hostalería se lles viña facilitando unha cantidade ínfima con respecto ao número de mesas e sillas que solicitaban. Tras a celebración do proceso electoral (que motivou a espera para a organización deste tipo de cuestións), o concello fai pública esta decisión, cando aínda falta un mes para a súa celebración, para que os locais de hostalería poidan conseguir pola súa conta o material que precisen.

Para que o concello poida prestar mesas e sillas a particulares (para a celebración de comidas ou ceas o sábado 13 de xullo), é preciso que se presente unha solicitude por escrito, no rexistro municipal do concello, indicando o material solicitado, a ubicación na que se vai colocar a mesa, o número de participantes e o espazo público a ocupar, debendo axuntar documentación na que se reflexe a ubicación exacta e metros a ocupar.

Os locais de hostalería que desexen organizar comidas e ceas na rúa, nesa data, tamén deben presentar un escrito no rexistro municipal, indicando a ubicación na que se vai colocar a mesa, o número de participantes e o espazo público a ocupar, debendo axuntar documentación na que se reflexe a ubicación exacta e metros a ocupar.

Dende o concello quérese insistir na necesidade de que os datos que se faciliten nos escritos sexan o máis exactos posibles (en edicións pasadas tense constatado unha diferencia notable entre as cifras comunicadas e as reais). Está información será valorada na xunta de seguridade que se celebre ao respecto, co fin establecer os lugares nos que procede ou non autorizar a colocación de mesas, co fin de garantir a seguridade do evento. Con esta información, ademais, vanse determinar os lugares do interior do casco histórico nos que o concello vai instalar baños sanitarios.

As solicitudes para a colocación de mesas na rúa (a presentar por particulares e hostaleiros) e para o préstamo de material (para comidas e ceas organizadas por particulares) deben presentarse no rexistro municipal entre o 17 e 30 de xuño de 2019. Non se atenderá ningunha solicitude presentada con posterioridade.

Para determinar o número de mesas e sillas que se presta a cada solicitante, terase en conta o número total de solicitudes e a disponibilidade do material non garantindo que se poida satisfacer o 100% das necesidades de cada solicitante e intentando, en todo caso, distribuir o material existente entre todos as solicitudes.

Os solicitantes deberán recoller e devolver o material concedido no lugar, data e hora que se lles será comunicado con antelación.

As persoas empadroadas no Concello de Viveiro que realicen traballos de artesania que queiran instalar un posto de venda na feira deberán presentar unha solicitude no rexistro municipal entre o 17 e o 30 de xuño de 2019, facendo constar os produtos que se pretende ofrecer e acompañando a solicitude dunha declaración xurada conforme dispoñen de todos os permisos necesarios para a actividade (o modelo desta declaración será facilitado na casa do concello). A instalación destes postos será gratuíta. A xestión para a instalación destes postos levarase a cabo por parte da empresa contratada para a organización do evento, debendo pola súa parte aterse ás normas e horarios da feira.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive