14 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Jose Rioseco, atleta do C.D. Egovarros Viveiro, proclámase campión de España Máster de 2000 m obstáculos, batindo o record do mundo

30-06-19

 Viveiro 30-6-19. Nos Campoonatos de España Máster, que se están a celebrar na localidade de Sagunto
(Valencia), o atleta do C.D. Egovarros Viveiro, José Vicente Rioseco, estableceu un novo record mundial na categoría M75, na proba dos 2000 m obstáculos ó acadar un rexistro de 08:29:26, mellorando en máis de 16 segundos o anterior record, que estaba en posesión do atleta francés Jean Louis Esnault, que o tiña establecido en 08:45:77 dende o ano 2017. Rioseco participara hai un mes, no Campionato Galego Master de 3000 metros obstáculos, para poder acadar unha marca mínima e poder participar nos de España. Rioseco tamén se proclamou campeón de España na proba dos 800 m. lisos, ampliando o seu impresionante palmarés, no que ten acadados múltiples records de España e do mundo, tanto nos 1500 m. en pista ó aire libre, como nos 800 en pista ó aire libre e en pista cuberta ó que lle engade outro record máis a sumar ó seu dilatado historial.
Neste Campionato de España de Sagunto o club de Viveiro tamén estivo representado por outra sensacional atleta como é Mari Luz Sanmartin, que na categoría máster de W65 proclamouse campioa de España nas probas de 400 m e 200 lisos, quedando por centésimas a piques de subir ó podium nos 100 metros.
O campionato celebrouse cunha alta participación de máis de 2000 atletas, que representaron ós clubs de toda España e sufrindo unhas altas temperaturas que perxudicaron á hora de acadar mellores marcas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive