09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A IV Travesía Navega El Camino chega a Viveiro o 19 de xullo

16-07-19

 Viveiro, 16 de xullo de 2019. Un ano máis, Viveiro forma parte das etapas da IV Travesía Navega el Camino, a ruta xacobea por mar que partiu o pasado 5 de xullo de La Rochelle (Francia) con destino a Santiago de Compostela.

A flota chegará a Viveiro o venres 19 de xullo, sobre as 14:00 da mañá, despois da súa parada en Burela. As tripulacións permanecerán no noso municipio durante todo o día para disfrutar dunha xornada dedicada ao descanso, ao turismo e á gastronomía; neste senso, organizáronse unha serie de actividades co fin de mostrar aos participantes parte dos nosos recursos e facer que a súa estancia entre nós sexa o máis agradable posible.

O programa para este día comezará pola mañá coa entrega, a cada unha das tripulacións, da merluza que terán que cociñar para participar no Concurso de Cociña Travesía Burela-Viveiro. Pola tarde, ás 17:30 horas, terá lugar unha visita guiada ao Souto da Retorta e ao Monte San Roque. Finalmente, pola noite, ás 21:00 horas, no porto de Celeiro, as tripulacións asistirán a unha charla impartida por Eduardo Míguez, Director Adxunto de Puerto de Celeiro SA; posteriormente, procederase á valoración por parte do xurado das elaboracións do concurso de cociña e entrega do premio; e as actividades organizadas con motivo da chegada da Travesía Navega el Camino rematarán coa actuación do grupo Sons de Celeiro, na mesma lonxa onde se estará preparando a XXII edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

A flota partirá de Viveiro o sábado 20 de xullo, ás 9:00 horas, dando comezo a unha nova etapa que une Viveiro con Ferrol.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive