19 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Compromiso por Galicia Burela manifesta que a actitude de Alfredo Llano con Feve é hipocrita

15-07-19

Burela 15-7-19. O último tren do día, ese que une Viveiro con Ribadeo, é moi utilizado os sábados pola xente moza de Burela para ir de festa a Foz e Ribadeo. Como recolle algún medio este sábado estaba ateigada a estación de Burela de xoves que ían a Foz.

Como mostra das ganas do goberno do estado de desmantelas este servizo, ADIF puxo a disposición dos usuarios un único vagón ficando moitos usuarios sen poder facer uso do viaxe, xa que as prazas estaban case cubertas cando chegou a Burela.

Lonxe quedaron os viaxes reivindicativos do Sr. Llano, como alcalde e como presidente da mancomunidade, facendo usos de “agora mandan os meus” non se pode molestar. Dende CxG Burela definimos esta realidade como hipócrita e desleal con Burela e a Mariña. Por outra banda a realidade da acción política do Sr. Llano que soña cun asento no Senado.

Por elo reclamamos: A celebración dun Pleno da Mancomunidade da Mariña e do Concello de Burela, que tome a resolución de solicitar o cese inmediato de D. Javier Pérez López responsable de RENFE da liña ferroviaria de Galicia.

Dende Compromiso por Galicia entendemos que debemos defender os servizos públicos, a igualdade territorial e a posta en valor do que temos, entende isto o PSOE? De que sirve ter un “embaixador” de RENFE en Galicia, para un mellor desmantelamento dos servizos, mellor que dimita. E ó alcalde de Burela lembrarlle que é alcalde todos e todas non so dos “socialistas”.

EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive