22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Daniel Vega esixe a convocatoria inmediata da xunta de portavoces “para aclarar a situación da residencia de maiores de Ribadeo”

11-07-19

Ribadeo, 11 de xullo de 2019. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, esixe a inmediata convocatoria da xunta de portavoces para aclarar a actual situación do funcionamento dos distintos servizos da residencia da terceira idade do municipio.

Vega aclara que “dende o Grupo do PP atopámonos preocupados polos usuarios e usuarias; xa que o centro foi inaugurado con moito boato, pero carece de servizo de gas. Iso é unha vergoña”, engade.

Os populares pregúntanse, ante esta situación, “cantos días se seguirá proporcionando a comida aos usuarios e usuarios cun servizo de cátering que tampouco sabemos a través de que procedemento foi contratado”.

Así mesmo, recorda que “a consecuencia de non contar con gas, tampouco funciona a secadora nin a plancha do servizo de lavandería”. Nese caso, o voceiro do PP quere coñecer “quen está a realizar ese traballo e, de ser o caso, a modalidade a través da que foi contratado”.

“Esiximos respostas. O señor Suárez debe dicir con claridade cal é a situación da residencia e tamén cantas traballadoras se foron a día de hoxe para saber se cumpre o ratio de traballadores por usuario”, segundo considera o popular.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive