-A conta da mesa redonda sobre “A contaminación no mar” que terá lugar en San Cibrao o 2 de agosto, no marco da primeira feira do libro sobre o mar e a súa cultura, deixo algunhas reflexións sobre o tema.-
Nun lugar con seres vivos, que están interaccionando co seu arredor, o medio adecuado para vivir mantense só mediante un equilibrio dinámico. Se varían as condicións físicas, entón varía o equilibrio e ou nos adaptamos ou morremos, opcións menos desexables e máis difícis que variar o equilibrio o menos posible. E as ‘condicións físicas’ son todos os parámetros que definen o sistema en equilibrio. Todas. Dende a temperatura á existencia de plásticos, pasando pola eliminación de especies pola sobrepesca.
Contaminar é equivalente a variar o equilibrio de substancias ou enerxía no medio. Sempre houbo contaminación, porque calquera actividade varía as condicións do medio ó empregar materiais e producir outros materiais. Así, a nosa atmosfera é o resultado da contaminación con osíxeno de outra anterior, a partir de seres como as algas verdes. Cambio na atmosfera -contaminación- que fixo posible a nosa existencia.
Nas condicións actuais, pódese dicir que sen océanos, a atmosfera tería un 50 % máis de dióxido de carbono, o que aumentaría o efecto invernadoiro ata facer inhabitable para nós a Terra. Iso da unha idea da importancia do mar no equilibrio medioambiental.
Por un momento, pecha os ollo e pensa na inmensidade do mar.
Ocupa uns 350 millóns de km2, cunha profundidade media duns 3km. Isto significa que contén uns 1 000 000 000 000 000 000 000 de litros (1021L) de auga, e como somos uns 7 mil millóns de persoas, dividindo, cadran 150 mil milóns de litros por persoa, ou sexa, unha piscina de 1 km x 1km x 150 m. Moita auga para contaminar, un traballo arduo, pero estamos a logralo.
Aínda así, o básico non é a inmensidade, senón algo relacionado: a capacidade de rexeneración, o ritmo (velocidade de) contaminación en comparación co de tratamento co que o mar pode tratala. Ata hai relativamente poucos anos da historia humana, non había problema, o ritmo de contaminación era minúsculo en comparación á capacidade de rexeneración do mar. Pero na actualidade, prodúcese máis lixo de todo tipo (plásticos, produtos químicos, fertilizantes…) que remata por ir parar ó mar, e os océanos teñen menor poder de rexeneración (sobrepesca, descompensación do equilibrio mariño por eses mesmos produtos ou a absorción do CO2, aumento da temperatura, etc). Para facerse unha idea do que significa a concentración de contaminantes, un exemplo: 1 cagada ó día en todo ribadeo é completamente asumible. Pero en Ribadeo hai 10 000 veciños, o que significa unhas 10 000 cagadas diarias. Non sería un problema asumir esa cantidadade de merda no pobo? Hai xa anos, sentir o cheiro do Douro no seu descenso cara o mar antes de chegar a Tordesillas foi un impacto. E iso, o que produce o cheiro, remata no mar. A auga é auga, e non podemos independizala unha de outra, contra o que é a práctica nos dereitos de pesca ou de perforación. É un ben común da humanidade, que nos estamos cargando tamén entre todos, por moito que haxa quen faiga un traballo máis efectivo que outros. Por certo, cabería preguntarse se ti, ou eu, somos dos que estamos contaminando máis; pode que nos leváramos unha sorpresa, se xuntamos a contaminación agregada de todos os nosos consumos e lixos.
Aínda que se estudan por separado para tentar mellorar a nosa comprensión, non se poden separar efectos dos diferentes parámetros: variación da temperatura polo cambio climático, acidificación da auga pola absorción de dióxido de carbono, sementeira de plásticos na superficie… todo un conxunto moi amplo de perigos para o medio mariño, físicos, químicos e biolóxicos. Separados só para a comprensión, pois están totalmente interrelacionados. Así, o aumento de temperatura produce un aumento de volume dos oceanos, o que fai que desaparezan as illas baixas e os deltas, coa desaparición da vida que albergan. O aumento de temperatura tamén varía o equilibro ácido/base, e a acidificación resultante está a destruír os arrecifes de coral arredor do mundo, destrozando a coberta calcárea destes animais, que se suma ó aumento de temperatura que aguantan mal, causando así a variación de hábitat de moitos peixes e o desequilibrio causado pola súa desparición. Tamén o aumento de temperatura fai que a capacidade de disolución de osíxeno do mar sexa menor, o que afecta á capacidade de vida dos peixes e ó equilibrio mariño, afectando á cantidade de pesca e ó equilbrio de especies, favorecendo o conxunto ó aumento da cantidade de medusas, entre exemplos posibles. O aumento de temperatura varía o equilibrio das substancias químicas, e polo tanto, dos seres vivos que manteñen o equilibrio (e se manteñen en equilibrio)
De sempre, as correntes oceánicas redistribúen a merda cando o océano non pode absorbela. Pero xa chegamos a un punto no que esa redistribución está deixando de ser efectiva para a rexeración. Hai unha illa de plástico no centro Pacífico como 3 veces a península ibérica, e medrando, nun sitio onde non hai xente para contaminar. Mais as 80 000 toneladas de plástico desa ‘illa’ seguen a aumentar con rapidez. E só é un dos puntos onde se fai visible este problema. Un problema que pode levar a que para 2050, de non variar a tendencia mundial, haxa máis plástico que peixes nos océanos.
Cómpre de que nos decatemos de que o mundo é complexo, que non podemos entendelo na súa totalidade. En troques, si podemos destruír con facilidade o que non entedemos.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).