Barreiros, 10 de agosto 2019. A comisión organizadora da Romería de San Caetano presentou hoxe a programación e os actos que se desenvolverán os días 16 e 17 de agosto na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos, entre os que destaca a celebración da Festa da Tortilla, que vai xa pola XXIV edición.
A oferta lúdica, musical, e gastronómica que ofrece a asociación “Irmandade San Caetano” para estes días é ampla e variada, deste xeito, o día 16, e para quentar motores haberá a Cea de San Caetano, con torrezomso, chourizos e empanada, e a actuación do grupo de música tradiconal Xaramolo e o grupo pop-rock Almas de Contrabando. O día 17 haberá concurso de tortillas, elaboración dunha tortilla xigante, concurso Máster Tortilla elaborando @s concursantes as tortillas no mesmo campo da festa. Haberá tamén xogos tradicionais e unha ampla oferta musical tamén, co dúo Chechu e Salva, a charanga Lou Band e o músico Paco Nogueiras, que fará as delicias de pequnos e maiores.
Os romeiros poderán asistir tamén á misa e á procesión que se celebra na capela ás 13h.
E todos os asistentes poderán disfrutar tamén da xuntanza de motos clásicas, vespas e lambretas, que se celebrará tamén o día 17 en San Caetano.
A festa rematará coma todos os anos co Baile do Farolillo e con unha chocolatada.
Según manifestan os organizadores, esta romería sigue conservando a esencia das nosas festas, romerías e verbenas, as nosas festas dos palcos de lona de sempre, reclacan.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



