18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta aclara que o saneamento é unha competencia municipal e pide ao Concello de Barreiros que non fuxa das súas competencias

23-08-19

Barreiros, 23 de agosto de 2019.- A delegación territorial da Xunta en Lugo saíu ao paso en torno a necesidade de mellorar a rede de saneamento de Barreiros, lembrando que está é unha competencia exclusiva municipal, de conformidade co artigo 25 da Lei de Bases do Réxime Local.

Non parece comprensible que desde o Goberno local intenten depositar na Xunta a responsabilidade de soster ou mellorar un servizo municipal e, polo tanto, insisten na necesidade de que o Concello no fuxa das súas competencias, nin intente confundir á cidadanía atribuíndo a terceiros obrigas que son propias.

Con todo, o Goberno galego non pecha as portas a seguir colaborando neste ámbito, desde o punto de vista técnico ou económico, como fixo en anteriores ocasións, pero para iso é necesario concretar un proxecto de mellora que está por definir por parte do Concello.

Tamén din que o papel do Concello non pode limitarse a enviar varias cartas a distintas consellerías co obxecto de obter financiamento, un paso que carece de sentido se temos en conta que só o departamento de Infraestruturas e Mobilidade apoia obras hidráulicas. Para a Xunta o Concello ten a obriga de liderar a solución e poñer sobre a mesa un proxecto concreto para afrontar o problema de depuración das augas residuais en Barreiros.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive