26 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta iniciará nunha semana as obras de mellora do firme na estrada LU-151 entre a travesía de Fazouro e a localidade de San Acisclo, en Foz

09-08-19

Foz, 9 de agosto de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto iniciar o día 19 de agosto as obras de mellora de rehabilitación do firme da estrada LU-151 en Foz, entre a travesía de Fazouro e a localidade de San Acisclo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos foron adxudicados en 473.000 euros e contribuirán á modernización e mellora da seguridade da vía; estímase que o prazo de execución será de dúas semanas, co que estarían rematados a finais do presente mes de agosto.

A actuación consistirá na disposición dunha nova capa de rodadura nos treitos nos que sexa necesario, reperfilado e limpeza das marxes e colocación de barreiras de seguridade e repintando de todas as marcas varia. Tamén está previsto executar, naqueles puntos nos que hoxe non existen, gabias de seguridade

A previsión é a de actuar en oito quilómetros -a práctica totalidade da estrada- coa disposición de firme con mestura bituminosa en quente, do que actualmente carece pois a vía está construída en rego con grava.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive