15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As Concellerías de Turismo e Deportes organizan unha serie de actividades para nenos e nenas que se desenvolverán nesta segunda quincena de agosto

16-08-19

 Burela, 16 de agosto de 2019. As Concellerías de Turismo e Deportes organizan unha serie de actividades para nenos e nenas que se desenvolverán nesta segunda quincena de agosto. Este sábado, na praza da Mariña terá lugar o Wipe Out, os días 20 e 21 haberá fútbol 3×3, o venres 23 a Festa da Auga e o día 31 Láser Combat. As inscricións poderán facerse na Casa da Xuventude ou ata unha hora antes do inicio da actividade.
O edil Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde a Delegación de Turismo e Deportes do Concello de Burela imos apostar nesta segunda quincena de agosto por unha serie de actividades para os nenos que van empezar no día de mañá. Este sábado imos ter uns xogos de inchables na praza da Mariña, a partir das cinco e media para nenos e nenas maiores de 8 anos. É unha actividade totalmente gratuíta e van poder participar facendo equipos de tres a seis persoas”.
O concelleiro de Deportes e Turismo explicou que “os días 20 e 21 imos ter un 3×3 de fútbol tamén na praza da Mariña a partir das oito da tarde. As inscricións poderanse facer na Casa da Xuventude. É unha actividade que xa apostamos por ela fai anos, tivo moito éxito e neste 2019 volvemos apostar por ela. O día 23 de agosto imos facer a Festa da Auga, que tamén vai ter inchables con deslizadores acuáticos nos que van poder participar gratuitamente os nenos que estiveron todo o verán nas escolas deportivas, e os que no estiveron van ter que pagar 3 euros. Decidimos darlles unha especie de premio aos nenos que acudiron todo o verán con nós ás escolas deportivas. Foi unha actividade que gustou moito o ano pasado e imos volver repetir este ano. Imos acabar o día 31 de agosto cunha batalla de láser, que lle chaman Láser Combat, que é unha especie de paintball con pistolas láser. Imos facelo na praza do Concello a partir das cinco e media da tarde. É recomendable para nenos de máis de 8 anos e totalmente gratuíta”.
Fernández Rey subliñou que “con estas actividades pretendemos dinamizar un pouco máis esta segunda quincena de agosto, que os nenos e nenas teñan alternativas para facer cousas novas que non fan normalmente, e tamén darlle unha alternativa para a toda a xente que nos visita con nenos. Esperamos que gusten e veremos se o resultado ten o éxito que pensamos que vai ter. Quero animar a todo o mundo a participar, que o pasen ben, e esperemos que para os próximos anos poidamos volver facer estas actividades”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive