Lugo, 14 de agosto de 2019. A Deputada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, presentaron este mércores, nos xardíns do Pazo de San Marcos, as xornadas Exaltacións Gastronómicas…E Para Comer Lugo do mes de agosto. As degustacións gastronómicas terán lugar, dende este venres ao 25 deste mes, en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes introducirán nos seus menús o bonito de Burela, os pementos de Mougán e a castaña de Galicia, cociñados baixo diferentes estilos.
García Porto destacou que “desde o mes de abril e ata o vindeiro mes de novembro impulsamos, desde a Deputación de Lugo e da man de APEHL, este proxecto co fin de continuar fomentando o turismo gastronómico na provincia. Nesta liña, a través desta programación, poñemos en valor a excelente calidade dos produtos gastronómicos da nosa provincia a través da degustación de produtos acreditados cos selos de calidade como son a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou Denominación de Orixe (DOP)”.
Co programa Exaltacións Gastronómicas, a Deputación continúa apostando pola promoción dos produtos autóctonos de calidade como clave para a reactivación da economía da provincia. Neste senso, este mes de agosto, ademais do bonito de Burela e os pementos de Mougán, exáltase tamén a castaña de Galicia, un produto que grazas a un proceso de transformación e conservación é posible consumilo durante todo o ano e pode empregarse en multitude de receitas de cociña.
Calendario de Exaltacións Gastronómicas
Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes. Na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.
Bonito, Pementos de Mougán e Castañas
Na provincia de Lugo, a Festa do Bonito de Burela acaba de ser declarada de Interese Turístico Nacional, un recoñecemento que revela a importancia económica, social e turística que ten a captura deste produto para a provincia. A de Burela é a principal lonxa de Galicia en comercializar este peixe converténdose durante estes meses na capital galega do bonito do norte.
Pola súa banda, o Concello lucense de Guntín, é o maior produtor dos pementos de Mougán e o lugar onde se sitúa a sede da súa Indicación Xeográfica Protexida. Entre 5 e 6 hectáreas dedícanse a este cultivo autóctono principalmente ao aire libre. Só o 30% prodúcese en invernadoiros.
En canto ao sector das castañas, en Galicia comercialízanse entre 15.000 e 20.000 toneladas cada ano, en función da tempada. Isto supón un volume de negocio de entre 30 e 45 millóns de euros ao ano para o sector produtor, que se eleva a máis de 100 millóns de euros no sector transformador e comercializador.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



