25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Con Pólvora e Magnolias. “O paradoxo de Alcoa”, por Pablo Álvarez Ramos

01-08-19

Hai días nos que non nos entendemos a nós mesmos, unha recua deles.
En verdade a nosa existencia é unha loita constante fronte ao peor demo: o das contradicións, o “yin” e o “yang”, as forzas opostas do universo.
Vaites que aí temos o caso de Alcoa!
Vimos de saber que o fondo Suízo Parter Capital ven de mercar ao xigante americano do aluminio as prantas de producción de Coruña e Avilés; ponse así fin a máis de 9 meses de negociacións entre empresa, sindicatos, potenciales compradores e goberno.
Unha boa nova para as casi 700 persoas que manteñen o emprego por mor da presentación das garantías económicas necesarias.
A ministra de industria congratulábase do traballo feito que supón o garante do emprego e da capacidade produtiva.
Vitoria dos traballadores aos que o pasado 17 de outubro se lles anunciaba o peche definitivo alegando improdutividade, ineficiencia e elevados custes fixos.
De xeito coetáneo trascendeu o pasado sábado a vertedura dun rego de “lodo vermello” –residuo de bauxita- pola carreta de Lago que discurre paralela ao embalse onde Alcoa San Cibrao deposita os “lixos”.
Semella que o espazo faise pouco e cando chove esbarriga.
O vídeo do rego vermello fíxose viral nas RRSS e con el a cólera dalgúns e as explicacións da empresa xustificando a ausencia de risco para a saúde pública.
Contrapoño as dúas novas dada a súa coincidencia cronolóxica e a súa perfecta traslación das contradiccións intrínsecas do modelo: nada é gratis, sempre hai unha peaxe a pagar. Por iso Alcoa é un oxímoro.
Ao tempo que Alcoa San Cibrao daba traballo nos seus dous centros a 1.300 traballadores, máis outros 600 ligados a empresas auxiliares, sumaba xa no ano 2014 máis de 10 sentenzas xudiciais condenatorias polas que tería que abonar máis de 3 millóns de euros en concepto indemnizatorio.
Os veciños de Lago interpuxeran demandas que foron estimadas primeiramente polo xulgado de instancia de Viveiro e logo pola Audiencia Provincial de Lugo.
As conclusións a propósito de si debe prevalecer o crecemento económico ou o desenvolvemento respectuso debe de sacalas cadaquén. Trátase dun vello debate.
O certo é que a dicotomía de Alcoa ilustra perfectamente as dúibdas referentes ao actual modelo económico: ¿debe prevalecer o crecemento económico e a acumulación de capital?¿pode coexistir co respecto aos recursos finitos?
A incertidume só me leva a pensar novamente que ningunha decisión e gratuita, que sempre hai un prezo a pagar…

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive