15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Festas patronais de Xove

23-08-19

 Xove, 23 de agosto, 2019. Este xoves foi presentado o Programa das Festas Patronais de Xove 2019, adicadas a San Bartolo (Patrón de Xove) e á Virxe do Carme.
A presentación contou cos organizadores das Festas, o Concello coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro e a Comisión formada por Carlos Cociña, Benigno Canoura, Luis Pico e Dalmacio Fernández.
As Festas, que comezan o xoves 29 de agosto co Día da Xuventude, van rematar o luns 2 de setembro, Día do Neno. Nas mesmas inclúese un intenso conxunto de actividades de todo tipo: concertos, bailes, teatro, deporte, exposicións e un amplo etc.. No deseño do programa tentouse de realizar actividades para tódolos grupos de idades, dende os máis xoves ao máis maiores.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive