17 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Centro Comercial Histórico en Colaboración co Concello de Viveiro, organiza do 20 ó 22 de Agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela a VII Feira de Stocks.

12-08-19

 Viveiro, 12 de agosto, 2019. Serán un total de 13 stands adicados á venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, regalos e complementos, deportes, mobles, decoración e artigos do fogar. Os comercios participantes na feira son: Muebles Iglesias, Fontana, Kody e Kody Kids, Versus, Complementos Sulian, Piti Deportes, Raquel Seijido, Albo Zapaterías, Oscar Joyeros, kerale Moda, Standhome, Van Surf e Van Surf Sneakers.
Unha amplia variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O éxito das pasadas edicións, e grazas á colaboración do Concello de Viveiro, fan posible que un ano máis se poda levar a cabo esta Feira de Stocks. Debido a afluencia de visitantes nestas datas á vila e tódolos clientes locais que xa coñecen a feira, fannos pensar que outro ano máis será un éxito de ventas.
O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30 h durante os tres dias.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive