Lugo, 1 de agosto, 2019. O Grupo Provincial acorda o reparto das áreas de goberno para facer un traballo “aproveitable e produtivo” para a provincia. Así o indica a voceira Elena Candia quen manifesta se trata dunha distribución “pensada, tal e como dixemos, para fiscalizar o traballo do goberno que, por certo, é o que ten máis medios da historia, co obxectivo de que este se axuste ás necesidades que ten a nosa provincia”.
Deste xeito, as áreas das que se ocuparán os deputados do PP, axustándose ao acordo acadado polo Pleno o pasado 30 de xullo, son as seguintes:
Elena Candia (voceira): Xestión Territorial; Réxime Interior; Promoción do Territorio e Turismo.
Javier Castiñeira (vicevoceiro): Cooperación e Asistencia aos Concellos; Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica; Cultura, Patrimonio Histórico e Artístico e Normalización Lingüística; e Formación, Ensino e Economía do Coñecemento.
Agustín Baamonde (vicevoceiro): Participación Cidadá; e Medio Rural e do Mar.
José Antonio García (vicevoceiro): Promoción Económica e Social; e Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas; Medio Ambiente; e Recursos Sostibles.
Lola Castro (deputada): Muller e Igualdade.
Comisións Informativas
Polo que respecta ás dúas Comisións Informativas existentes na proposta aprobada, estas estarán integradas por tres membros do Grupo do PP. A designación é a seguinte:
1.- Comisión Xeral de Asuntos do Pleno: Francisco Balado Teijeiro, José Pardo Lombao, José Ángel Santos Sánchez.
2.- Comisión de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas: Dolores Castro Ochoa, José Jesús Novo Martínez e Pablo Taboada Camoira.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



