25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Grupo Provincial Popular apoia a proposta de mobilización social na Mariña en defensa de medidas que garantan a competitividade de Alcoa e o emprego na planta mariñá

08-08-19

 Lugo, 8 de agosto, 2019. O Grupo Provincial Popular amosa o seu apoio á proposta do alcalde de Cervo que chama á mobilización de tódolos entes sociais da Mariña en defensa da planta de Alcoa en San Cibrao sinalando “o noso desencanto coa estratexia enerxética do Goberno do PSOE no Estado”. Así o anuncia o deputado mariñán, Javier Castiñeira, que explica que “o Goberno debe cambiar de actitude con respecto a esta empresa, que é a máis importante para a economía da Mariña e de toda a provincia”, e, polo tanto, cre que “debe traballar para garantir a súa competitividade”.

Os populares recordan que “A Mariña xa se ten mobilizado noutras ocasións en defensa desta planta”. Así, instan aos veciños e veciñas a mobilizarse “ante a incerteza do futuro da industria electrointensiva que se deriva das políticas do Goberno do PSOE”. Tras coñecer que a empresa ten previsto reducir a produción de aluminio na planta de San Cibrao, os populares aseguran sentirse “preocupados polos postos de traballo de moitos veciños que están en perigo”. Nesa liña, propóñenlles tamén aos sindicatos apoiar estas mobilizacións independentemente da cor política do Goberno do Estado e como fixeron xa noutras ocasións.

“As actuacións do actual Goberno do PSOE en funcións son desfavorables para o mantemento da planta de aluminio en San Cibrao porque as súas estratexias en materia enerxética son totalmente contrarias aos intereses da factoría mariñá e, polo tanto, contrarias aos intereses dos traballadores e de todos os veciños e veciñas da comarca”, manifesta Castiñeira.

Os populares consideran que “o máis axeitado para garantir a competitividade da factoría a longo prazo pasa por un prezo estable para a enerxía. Así, pídenlle ao Executivo do Estado que, a pesar de estar en funcións, traballe para mudar a súa política enerxética que está a provocar sucesivas subidas do prezo da electricidade e que aposte por dar solucións á industria electrointensiva”. Lamentan, pois, que “o Goberno socialista non sacara adiante o Estado do Consumidor Electrointensivo”.

O Grupo Provincial Popular, a favor do funcionamento e o emprego en Alcoa
Dende o Grupo Provincial do PP xa se teñen manifestado a favor das propostas do comité de empresa para garantir a continuidade do funcionamento e o emprego na planta de Alcoa na Mariña. Concretamente, na sesión plenaria que a Corporación Provincial celebrou en marzo deste ano, os populares conseguiron o apoio do resto de Grupos na Deputación. A moción do Grupo Popular converteuse entón nunha proposta institucional.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive