28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, visitou o Concello de Viveiro para analizar o arranque do novo curso e animar a matricularse ata o vindeiro xoves, día 7

30-10-19

 Viveiro, 7 de novembro de 2019. A directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, visitou o Concello de Viveiro para analizar o arranque do novo curso universitario e animar a matricularse ata o vindeiro xoves, día 7. Foi recibida pola alcaldesa viveirense, María Loureiro.
Ademais, a Aula da UNED de Viveiro ten aberta a matrícula para os cursos de extensión universitaria do primeiro semestre, entre os que se atopan os seguintes:
-Taller de Innovación en Turismo Sostible. 4 horas, martes 5 de novembro, de 10 a 14 horas. (Presencial e online).
-III Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima cidade de Viveiro. (10 horas). Do 23 ao 24 de novembro de 2019 de 9 a 20 horas.
-As construcións do ciclo do pan na provincia de Lugo: hórreos, muíños, eiras, fornos. Os luns do 25 de novembro ao 2 de marzo (20 horas) de 16 a 18 horas . (Presencial e online).
-Diversidade étnico-racial: un achegamento ás políticas de asimilación e exclusión do estado español. Do 4 ao 5 de decembro de 2019, de 16 a 21 horas, 10 horas. (Presencial e online).
No segundo semestre levaranse a cabo outras 5 actividades cuxa matrícula aínda no está aberta. Entre elas podemos destacar: O camiño do mar: unha nova vía de peregrinación na provincia de Lugo. Séculos XVI – XXI, A garda de feito e as súas facultades tutelares como medio para protexer aos discapacitados e persoas maiores.
Neste momento estanse a impartir tres materias da UNED Senior cun total de 57 estudantes matriculados:
Econoloxía
Inglés Turístico
Tertulias Literarias
Os interesados poden recibir máis información sobre estes cursos poñéndose en contacto coa Aula Universitaria de Viveiro no teléfono 982.563.001 ou por correo electrónico en viveiro@lugo.uned.es

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive