21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Actividade en contra da violencia de xénero en Cervo

09-10-19

 Mondoñedo, 9 de outubro, 2019. Desde o GDR-1 Terras de Miranda (Grupo de Desenvolvemento Rural que xestiona o programa Leader no territorio da Comarca de A Mariña), están a colaborar con AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) na organización dunhas actividades en contra da violencia de xénero a través dun convenio entre a Consellería de Medio Rural e Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Realizaranse previsiblemente tres actividades: A primeira é unha charla na casa de acollida para mulleres víctimas de violencia de xénero con enfermidade mental “A Mariña”, onde se fará unha descripción dos programas terapéuticos levados a cabo coas mulleres que acceden a este recurso. Facer concienciación, visibilización e prevención. Será este xoves coincidindo co día mundial da saúde mental na residencia de Cervo, a partir das 18h. cunha ponencia titulada “violencia de xénero e saúde mental” a cargo de María José Nóvoa, directora técnica de A Mariña e Vanesa García Cayón, coordinadora da casa de acollida. O acto pecharáo Susana López Abella, directora xeral de igualdade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive