28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Derradeira xornada de Asturias en Ribadeo

27-10-19

 Ribadeo, 27 de outubro, 2019. A Banda de Gaitas El Penedón, de Castropol, foi a encargada de animar o último día das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que organizou un ano máis a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos. Mais de vinte locais hostaleiros ofreceron desde o venres ata hoxe tapas, racións e menús degustacións cos pratos máis típicos da cociña asturiana, como fabada, pote, chorizo á sidra, tortos. pixín, arroz con leite, etc… Tamén o pasado venres máis de 20 comercios abriron as súas portas ata as 21:30 horas, dentro dunha nova edición da Noite Aberta. Moitos foron os veciños e veciñas chegados a Ribadeo estes días desde outros puntos da comarca da Mariña e desde Asturias para gozar desta cita gastronómica, que contou con actuacións musicais os tres días.
Acisa fai un balance positivo das xornadas Asturias en Ribadeo e agradece o apoio loxístico do Concello, a través do seu personal e da Policía Local, para poder levar adiante os concertos na rúa.
O vindeiro mes de novembro varias serán actividades que desenvolva Acisa en Ribadeo co obxectivo de dinamizar a súa hostalería e o seu comercio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive