Lugo, 08 de outubro, 2019. O Partido Popular de Lugo concorre ás próximas eleccións xerais cunha candidatura continuísta, como corresponde a uns comicios excepcionais como son os do próximo 10 de novembro. É un candidatura que ten por cabeza de lista ao Congreso a Jaime de Olano e, ao Senado, a José Manuel Barreiro. Os candidatos inician a carreira do 10-N co obxectivo de levar á presidencia do Goberno a Pablo Casado, que é, destacan, o valor máis seguro para traballar a partir de todo o que nos une para superar os grandes retos aos que se enfronta España, no seu conxunto, e a provincia de Lugo en particular, tan afectada pola situación que atravesan empresas como Alcoa-San Cibrao e a térmica de As Pontes.
A presidenta provincial do PP, Elena Candia, sinala que estas eleccións teñen un carácter excepcional, por moitos motivos. O primeiro deles, que non deberon de ser necesarias. O PSOE nunca debeu presentar a moción de censura e moito menos se non era capaz de buscar os apoios suficientes para formar un goberno estable. Por iso, sinala Candia, pola excepcionalidade da convocatoria, se optou para a lista electoral polo continuísmo e a experiencia.
Candia indica igualmente que, como se recolle no lema elixido polo PP para esta convocatoria electoral, este é o momento de buscar todo o que nos une, o que une a sociedade española; é o momento de fuxir de conflitos, de personalismos e de pensar no noso país, na creación de emprego, nas familias que pasan por momentos de incerteza. «É o momento de elixir o que nos une», asegura a presidenta provincial del PP.
O cabeza de lista ao Congreso, Jaime de Olano, declarou: «Estoy muy agradecido porque tanto desde la dirección provincial como gallega confiasen en mí para encabezar la lista al Congreso pero, sobre todo, para defender los intereses de mi provincia, de Galicia y de los españoles. Por este motivo, adelanto que la primera iniciativa que llevaré personalmente al Congreso será pedir la supervivencia y mantenimiento de la actividad industrial de Alcoa y de todos los empleados».
Polo seu lado, José Manuel Barreiro manifestou o seu agradecemento ao partido por confiar de novo en el e expresou «un compromiso claro e total na defensa dos intereses da provincia». Engadiu: «Desde Lugo temos que contribuír a conseguir a estabilidade que necesita España e non ten». Barreiro está convencido de que os cidadáns saberán valorar electoralmente, despois da inestabilidade e a falta de eficiencia dos meses de Goberno de Pedro Sánchez, que o PP si sabe xestionar, como quedou claro durante a presidencia de Mariano Rajoy, e como o demostra cada día a Xunta presidida por Alberto Núñez Feijoo. A Lugo, di Barreiro, interésanlle o PP e Casado.
A lista que presenta o PP pola provincia de Lugo ao Congreso dos Deputados está encabezada polo avogado viveirense Jaime de Olano, concelleiro do PP en Viveiro e deputado no Congreso dende o 2011 onde exerceu como portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular desde xullo de 2018 e, previamente, como voceiro de Orzamentos.
Joaquín García Díez, número 2 da lista, é biólogo. Foi alcalde de Lugo e formou parte dende o 2004 do Grupo Parlamentario Popular no Congreso onde foi portavoz de Pesca e portavoz da mesma materia na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A farmacéutica e concelleira focense de asuntos sociais, sanidade, educación, muller, xuventude e inmigración, Mercedes González Alonso, sitúase no número 3 da lista popular lucense ao Congreso que pecha María del Mar Carballas Piñeiro (Lugo).
Javier Santín Vilor (Cervantes), María Manuela Carballeira García (Guitiriz), Jesús Rodríguez Martínez (Sarria), Yovana Oroza Castro (Burela) e Begoña Sanjurjo Santar (Ribadeo) completan a candidatura popular como
suplentes.
O senador e membro da Deputación Permanente, o lucense José Manuel Barreiro Fernández, encabeza a candidatura do PP pola nosa provincia ao Senado. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais e catedrático da USC, é na actualidade portavoz adxunto do Grupo Popular no Senado onde tamén exerceu previamente como portavoz e portavoz de Economía. Enrique Ceferino Rozas López (Lugo) e Katherine Varela Fernández (Monforte) son o seu primeiro e
segunda suplente, respectivamente.
A xestora administrativa; concelleira de xuventude, voluntariado e turismo no Concello de Quiroga dende o 2011 e presidenta de NNXX da provincia, Rosa Arza, ocupa o segundo lugar da candidatura do PP ao Senado por Lugo. E no número tres figura Manuel Lorenzo Varela, diplomado en Ciencias Sociais e alcalde de Chantada.
Na lista do Partido Popular hai algún cambio nos suplentes en relación á anterior convocatoria electoral. Así, o exconcelleiro de Lugo Enrique Rozas, traballador civil de Defensa, ocupa o posto de primeiro suplente de José Manuel Barreiro. Rozas, foi concelleiro popular durante catro mandatos municipais. Previamente desempeñou a xerencia de Deportes de Lugo.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



