Ribadeo, 24 de outubro de 2019. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza dúas fins de semana tecnolóxicas que se van celebrar en Ribadeo. A primeira será este sábado, 26 de outubro, e estará centrada na pneumática e o día 16 de novembro o curso analizará a diagnose con osciloscopio. A duración de cada xornada será de 8 horas e as 15 prazas destes dous cursos xa están ocupadas. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, anuncia que algunhas das temáticas que teñen máis demanda volverán repetirse en 2020.
Doural contou que “por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) está a desenvolver toda unha serie de cursos os fins de semana, os sábados, dentro do programa de Fins de Semana Tecnolóxicas. Está previsto que este fin de semana, o día 26, se realice un curso de pneumática aplicado ao sector do automóbil. O día 16 de novembro vaise facer outro sobre a diagnose a través de osciloscopio. No mes de decembro, aínda está sen poñer a data, pero vaise realizar un curso de pintura e a súa aplicación no automóbil. Son cursos de oito horas e están abertos ao profesorado e a técnicos de empresa, ou a xente que teña interese en facer ese tipo de cursos”.
O presidente de APAGA subliñou que “a verdade é que estes dous primeiros cursos que acabamos de sacar fai pouco tempo xa están completos porque hai un límite de quince prazas por curso, e o de osciloscopio seguramente volvamos repetilo despois das vacacións de Nadal porque hai xente que quedou fora”.
Álvaro Doural adiantou que “ao longo de 2020 seguiremos sacando toda unha serie de cursos, nalgúns casos novos e outros que se repetirán, que se fixeron o ano pasado e que tiveron unha gran afluencia. Sempre tendo en conta as enquisas de satisfacción que nós facemos ao final dos cursos entre os participantes nas que se fan unha serie de peticións para programar futuros cursos”.
As fins de semana tecnolóxicas de Apaga celébranse no hotel O Cabazo, de Ribadeo.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



