28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG demandou a apertura do dique norte de Morás ao tráfico comercial e máis peso da Mariña no Consello de Administración da Autoridade Portuaria no pleno da Deputación

29-10-19

 Lugo, 29 de outubro de 2019.- O Grupo Provincial do BNG reclamou o inicio das accións necesarias para abrir ao tráfico comercial o dique norte do porto de San Cibrao.

A formación nacionalista, que historicamente encabezou a demanda para aproveitar o dique norte de Morás como oportunidade económica para a comarca, volveu reclamar o uso público da estrutura a través dunha emenda de adición á proposta presentada polo PsdeG para a creación da autoridade portuaria de San Cibrao.

O voceiro do grupo, Efrén Castro, sositvo que se trata “dunha demanda de sentido común porque Alcoa, que ten o uso exclusivo do porto desde 1998, só está empregando o dique sur e estase a desproveitar unha estrutura que, acondicionada para o tráfico comercial, serviría para potenciar a economía da comarca”.

A emenda presentada polo BNG, e aceptada por todos os grupos, tamén reclama máis peso da Mariña na actual composición da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao. “Aínda que se avanzase na segregación de San Cibrao, precisarase un tempo de transición no que se debería equilibrar a presenza lucense no actual órgano decisorio”.

O BNG defende que a composición se estableza en función da aportación que en concepto de taxas cada un dos portos fais aos ingresos da autoridade portuaria.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive