Lugo, 29e outubro, 2019. O Grupo Provincial do PP recordou durante a sesión plenaria deste martes que “nunca tantos recursos se destinaron nos Orzamentos da Xunta á sanidade” que, para a vindeira anualidade, suporán máis do 40% das contas do Goberno galego para esta materia. “Incluso co bipartito, que no seu momento dispuxo dos orzamentos con máis recursos da historia de Galicia, non se destinaron tantos recursos á sanidade”, recalcaron os populares. “Pasamos de investir 121 a 185 millóns de euros en sanidade, polo que non entendemos que se trate dun recorte”, aseguraron en relación ás críticas dos grupos do goberno bipartito da Deputación ao goberno galego.
O deputado do PP Javier Castiñeira citou durante a súa intervención algúns dos investimentos que o Goberno do Partido Popular na Xunta dirixiu á provincia de Lugo nos últimos 10 anos en materia sanitaria. O popular lembrou que “se puxo en servizo ao Hula dotado de equipamento despois de que o bipartito na Xunta o deixara en ladrillo; tamén se está ampliando o Hospital Público da Mariña e prevese ampliar o Hospital de Monforte con 17 millóns de euros”.
O deputado popular engadiu que “tamén se puxeron en marcha servizos importantísimos como a Hemodinámica, a hospitalización a domicilio ou, no caso da Mariña e Monforte, o tan importante servizo de oncoloxía para os doentes de cancro destas comarcas”. E para o barrio da Residencia, en Lugo, recóllense nos orzamentos do vindeiro ano o investimento de 7 millóns de euros para o Centro Integral de Atención Primaria. “Son en definitiva millóns de euros os destinados á reforma de hospitais, centros de saúde e tamén para o 061”, afirmou Castiñeira.
O Goberno do PP implantou a ambulancia medicalizada en Foz
Os populares recordaron que “foi o Goberno de Feijóo o que no 2010 -co recente rematado goberno bipartito na Xunta que nos últimos catro anos non fixera nada pola Mariña- dotou a Foz dunha ambulancia medicalizada a modo de proxecto piloto”.
Dende o Grupo Provincial Popular votaron a favor de que o Servizo de Transporte de Urxencias Sanitarias 061 conten coa dotación completa formada por un médico ou médica, un enfermeiro ou enfermeira e dous técnicos de urxencias sanitarias; en consonancia coa súa satisfacción polo servizo e o equipamento e polo feito de que, agora, “ese modelo se exporte ao Salnés e a Monforte”. Na mesma liña, puxeron en valor dous servizos básicos que ofrecen as ambulancias medicalizadas: os traslados inter-hospitalarios de pacientes críticos –onde o segundo técnico é menos necesario- e a asistencia primaria ou emerxencias -que representan máis do 50% das actuacións destas ambulancias medicalizadas e onde cren que “a asistencia do segundo técnico é imperiosa”-.
Así mesmo, Castiñeira tivo palabras de agradecemento para os médicos, enfermeiras e, especialmente, para os técnicos das ambulancias en sinal de recoñecemento polo seu labor; xa que, “con todo o equipamento e o persoal da ambulancia, ofreceron durante este tempo un servizo moi efectivo en Foz. Votamos a favor porque queremos seguir mellorando e queremos melloras para a comarca da Mariña e, por suposto, para a de Monforte” onde “ademais dos servizos sanitarios xa implantados, se ven de implantar o servizo de ambulancia medicalizada en Monforte e unha ambulancia básica 24 horas no Courel”, apuntou.
O presidente non fixo intervención final
Os populares incidiron, ademais, que no punto da orde do día no que se debateu a moción socialista sobre as melloras nas dotacións de persoal e nos horarios das ambulancias de Foz e Monforte “o presidente non fixo intervención final”. Isto quere dicir que “Tomé está dacordo coas nosas argumentacións”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



