Lugo, 11 de outubro de 2019. O Equipo de Goberno, por iniciativa do Presidente, José Tomé, propuxo ao Grupo Provincial do PP nunha Xunta de Voceiros celebrada na mañá deste venres o consenso e aprobación dunha Declaración Institucional asinada polos tres grupos políticos da Corporación en apoio, solidariedade e compromiso cos traballadores e traballadoras da central térmica de Endesa nas Pontes e de Alcoa en San Cibrao e reclamar ás Administracións que teñen as competencias en Industria –o Ministerio de Industria e Consellería de Industria da Xunta de Galicia- unha iniciativa conxunta de reactivación económica a través dun plan industrial que favoreza o reequilibrio territorial.
A Voceira do PP mostrouse na Xunta de Voceiros reticente á proposta, e nin sequera se interesou por coñecer o texto elaborado polo Goberno. Varias horas despois da xuntanza comunicou que rexeitaba unha declaración de consenso, o que demostra unha vez máis que o Partido Popular actúa neste asunto como fixo desde un principio por intereses exclusivamente electoralistas e para tratar de salvarlle a cara á Xunta de Galicia, que nestes 10 anos de goberno do PP nin sequera perfilou unha estratexia de pulo industrial. De feito, o Índice de Produción Industrial (IPI) está a caer en Galicia por debaixo do conxunto de España, acumulando a segunda maior caída entre comunidades no que vai de 2019, cun retroceso do 6,2%, a pesar de que os grandes grupos industriais si están a medrar.
“A emerxencia industrial que está a vivir Galicia é un reto de país e polo tanto, como sempre dixemos, cremos que o debemos afrontar todos unidos, as institucións e a sociedade. Temos que ir todos a unha e fuxir de xogos partidistas”, subliñou a voceira provincial socialista, Pilar García Porto, motivo polo que dende o Goberno da Deputación se decidiu presentar unha Declaración Institucional, que ía na liña da que xa apoiaron hai uns días os concellos das Pontes, Ferrol, Pontedeume, Neda, Mugardos, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, A Capela, As Somozas, San Sadurniño, Fene, Cariño, Valdoviño, Moeche, Cabanas, Ares, Narón, Miño, Monfero, Mañón, Muras, Xermade, Vilalba e Viveiro, integrados nas comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal, Terra Chá e A Mariña.
Pola súa banda, o voceiro provincial do BNG, Efrén Castro, abundou que, “se entramos ao debate de fondo podería haber propostas diferentes, pero cremos que neste momento unha declaración partidista desde a Deputación só é facer electoralismo porque non aporta outra cousa que confusión e división. É un debate de país que se debe abordar con seriedade, e cremos que era bo chegar a un acordo”.
O PP rexeitou a Declaración Institucional plantexada polo Goberno provincial de PSdeG e BNG, que considera que este tería sido un bo momento para amosar a unidade da Deputación en apoio das empresas e dos traballadores, poñendo os intereses xerais por riba dos de partido. Por iso, o Executivo continuará defendendo que é imprescindible a unidade na acción das institucións e no conxunto da sociedade galega para reivindicar o mantemento dos postos de traballo, unha transición ecolóxica suave e progresiva, e a reactivación industrial.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



