21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP esixe á ministra Maroto que na visita de mañá a Alcoa aporte as solucións que precisa a empresa

07-10-19

A Mariña, 7 de outubro, 2019. A presión exercida sobre o Goberno central polos traballadores e diversas forzas, con especial liderado do PP de Lugo, foi o que fixo que a ministra de Industria, Reyes Maroto, decidise finalmente visitar as instalacións de Alcoa-San Cibrao. Deste xeito, poderá comprobar in situ á urxencia de que o Goberno adopte as medidas políticas precisas para garantir estas plantas, que xogan un papel decisivo na economía da comarca da Mariña, en concreto, e da provincia, en xeral.

No PP, ao igual que os traballadores de Alcoa-San Cibrao, esperan que a ministra traia mañá propostas concretas, as medidas políticas necesarias, que só pode adoptar o Goberno do que forma parte, co fin de establecer un marco tarifario para a enerxía eléctrica que permita a Alcoa competir en pé de igualdade con industrias do seu entorno. Os populares destacan que sería moi frustrante para a sociedade lucense, e revelador do que pode esperar Lugo do Goberno, que a responsable do Ministerio de Industria chegase a Alcoa-San Cibrao sen verdadeiras solucións e só con parches, con pretendidas vías alternativas que non serían garantía de nada». En todo caso, o PP di que a ministra debe saber que non vai parar ata conseguir verdadeiras solucións para unha industria tan necesaria para a provincia de Lugo como é Alcoa.

Alcoa-San Cibrao representa o 30% do produto interior bruto da provincia e da emprego directo a 1.100 persoas e, de xeito indirecto, a varios miles máis. O PP confía en que a ministra entenda con claridade canto representa esta industria para A Mariña, en concreto, e para Lugo en xeral, de modo que o Goberno adopte con urxencia as medidas que só el pode adoptar. A visita de mañá ten que aportar as solucións que Alcoa necesita para garantir o seu futuro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive