28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Olalla Rodil sinalou que “a axenda feminista será unha prioridade para o BNG no Congreso”

29-10-19

 A Mariña, 29 de outubro 2019. A cabeza de lista do BNG ao Congreso, Olalla Rodil, defendeu este martes en Xove a necesidade de situar a “axenda feminista no centro de debate político”. Nun acto organizado polo grupo de Acción Feminista BNG A Marinha no Centro Cívico, a parlamentaria nacionalista reivindicou o caracter pioneiro da Lei galega de prevención e tratamento integral da violencia de xénero de 2007, impulsada por Carme Adán, que recoñece como violencia de xénero calquera forma de violencia ou discriminación exercida contra as mulleres polo feito de selo.

“Máis dunha década despois o marco normativo estatal aínda segue por detrás desa lei aprobada polo BNG xa que as violacións aínda non se consideran violencia machista. As forzas estatais comprometeron cambios legais neste sentido, anunciados a golpe de efeméride ou tras casos que causaron gran mobilización social como o da manada, pero nunca chegaron a materializarse. Que sucedeu coa Comisión de Expertos e coa anunciada modificación do código penal para que sexa o consentimento o que determine se houbo ou non unha violación?”, preguntouse.

Olalla Rodil tamén se referiu a outros debates que se deben dar no Congreso dos Deputados e que afectan á vida das mulleres como a despenalización dos ventres de aluguer a que “o BNG se opuxo sempre firmemente”.

Durante o encontro, baixo o epígrafe “Os dereitos das mulleres no debate político” tamén se abordaron outras formas de discriminación que sofren as mulleres tanto no ámbito privado como público como a brecha salarial. “Na defensa dos dereitos laborais, isto ten que ser unha prioridade”, remarcou.

No encontro tamén participaron Andrea Martins e Miriam Bermúdez, integrantes da candidatura do BNG ao Congreso e ao Senado, a responsable comarcal Ana Ermida e mais a deputada provincial Mónica Freire.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive