28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros foron de excursión á Coruña

26-10-19

Os máis pequenos visitaron o acuario mentres os dos cursos superiores aisitiron a un Obradoiro de cinema na Filmoteca de Galicia. O de San Cosme de Barreiros é un dos catro elixidos en Galicia para formar parte do proxecto CINEMA EN CURSO, unha iniciativa na que participan centros de Galicia, Cataluña, Madrid, Chile e Alemania. Consiste en recibir formación cinematográfica de cineastas que lles ensinan a facer planos, elaborar guións, buscar localizacións, etc. O obxectivo é fomentar a creatividade e o interese pola arte. E nuns meses os estudantes elaborarán a súa propia película. O director de cinema Xacio Baño, de Xove, irá en próximas datas ao colexio para continuar coa formación. E entre os meses de abril e maio os estudantes realizarán a súa primeira película.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive