10 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Para o PP, “o principal problema ao que se enfronta a Terra Chá, hoxe por hoxe, é o posible peche da central térmica de As Pontes”

08-10-19

 Vilalba, 8 de outubro, 2019. Os populares de Lugo continúan abordando os principais retos da nosa provincia con reunións polas comarcas. Así, a máxima dirixente do Partido Popular na provincia de Lugo, Elena Candia, desprazouse este martes a Vilalba para presidir a reunión da executiva do partido na Terra Chá na que participaron os alcaldes, portavoces e concelleiros dos concellos de Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

Os membros do Partido Popular da comarca chairega sinalaron que “hoxe por hoxe o principal problema ao que se enfronta a Terra Chá é o posible peche da central térmica de As Pontes”. O coordinador do PP na comarca e deputado provincial, Agustín Baamonde, recorda que “estamos ante un problema grave e de gran magnitude”; xa que “afecta directamente a moitos veciños e veciñas da zona que traballan na central, aos transportistas do carbón e tamén a pensionistas vinculados a Endesa”. Nese sentido, Baamonde recorda “a histórica relación económica que une As Pontes e Vilalba” e que, polo tanto, “evidencia os efectos deste problema tamén para a Terra Chá”.

Os populares, que consideran unha “pésima noticia” o posible peche da térmica pontesa, reivindicaron unha solución para a térmica e reclaman ao Goberno do PSOE “unha transición enerxética xusta que non prexudique aos nosos veciños e veciñas”.

Pleno extraordinario na Deputación a petición do Grupo Popular
O apoio do PP e a súa solidariedade cos traballadores da central térmica de Endesa en As Pontes, coa industria auxiliar e os transportistas vencellados a ela e o Porto de Ferrol vense reflectidos na petición por parte dos deputados populares na Deputación dun pleno extraordinario.

A “fronte común que ten como obxectivo esixir que o Goberno central deixe de destruír emprego na nosa provincia” esténdese tamén aos concellos de Vilalba e Xermade onde os edís do PP tamén reivindicarán, a través de mocións para defender nos plenos municipais, “medidas urxentes para garantir a inmediata reapertura da central despois de que a empresa acordara a paralización da súa actividade como consecuencia dunha política enerxética do Goberno de Sánchez totalmente desordenada”.

10-N
Os populares aproveitaron a xuntanza, na que tamén participaron os membros da dirección provincial, para revisar outros temas de interese para a comarca relacionados coas dotacións e servizos, ademais de expresar o seu apoio aos principais sectores económicos da comarca.

O PP lucense continúa a traballar baixo un clima de participación para afrontar a próxima cita electoral do 10-N co claro convencemento de que “o Partido Popular é a opción de Goberno”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive