28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Patricia Otero: “Os orzamentos da Xunta son pura ficción e inútiles para o sector pesqueiro”

29-10-19

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, sinalou que os Orzamentos da Consellería de Pesca para o próximo ano son “pura ficción” e que “lles valerán para a campaña electoral, pero son inútiles para o sector pesqueiro”. Así o dixo na comparecencia da conselleira para presentar as contas do seu Departamento para o próximo ano, que “non incorporan nada que mellore a vida dos e das profesionais do mar”.

Otero reclamou “autocrítica” na xestión do goberno galego para “ser conscientes dos problemas e buscarlles solucións”, fronte a unhas constas que son “inventados e desconectados do sector, pan para hoxe e fame para mañá”, resumiu antes de acusar ao goberno galego de facer unha “venta ao por maior na que os grandes estafados son as xentes do mar”.

Neste sentido sinalou que a propia Memoria dos Orzamentos “marca obxectivos que non son apoiados por partidas”, ademais de que elude afrontar os grandes problemas do sector, como o relevo xeracional, que segue “sen resposta” do goberno, que continúa sen apostar decididamente pola formación de profesionais da pesca. Por iso reducen as partidas para reverter o relevo xeracional, así como as axudas a xóvenes pescadores.

A parlamentaria socialista reclamou un cambio na xestión dun goberno que presenta como balance a perda de 482 embarcacións entre 2009 e 2018, así como un drástico descenso de ocupados dende os 23.800 de 2009 aos apenas 11.377 de 2017, de acordo cos datos oficiais da Consellería –Ocupesca-.

Infraestruturas

Patricia Otero criticou ademais o tratamento das infraestruturas portuarias nestes orzamentos, nos que “inclúen a dragaxe dos portos de Laxe e Celeiro -comprometida en 2011, ou do segundo martelo de Burela, “unha actuación da que só se lembran cando hai citas electorais á vista”. Mentres, dixo, suprimen a dragaxe do porto chico de Foz, a pesares de ter sido reclamado dende o Parlamento.

Censurou finalmente a falla de transparencia en Portos de Galicia, unha entidade “opaca” que “este ano tampouco comparecerá” para render contas no debate orzamentario. Criticou a situación actual do ente, que “cobra taxas abusivas aos concellos de 9.000 euros por 4 días de festa nos terreos de Portos no termo municipal que despois non reverten en melloras nas infraestruturas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive