29 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Xornadas de promoción dos bolos en Xove

18-10-19

 Xove, 18 de outubro, 2019. Un ano máis, e antes de comezar a XXX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa concellería de deporte, xunto co colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo entre os alumnos.
Pasarán 20 alumnos/as de 5º e 23 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
As Xornadas comezaron este venres na bolera do campo municipal de fútbol de Xove, coa participación dos 20 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP Pedro Caselles, que estiveron acompañados pola profesora Marta Álvarez.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive