17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade de Burela organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que se celebrará os días 18 e 19 de novembro

07-11-19

A actividade desenvolverase nas dependencias da Casa da Cultura en horario de 9:30 a 13:30 horas. As clases serán impartidas por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. As persoas interesadas poden solicitar máis información para inscribirse no CIM, na propia Casa do Concello ou no número de teléfono 982 58 06 09. A edil Noelia Mª Ben explica que “este curso, organizado polo Centro de Información ás Mulleres, enmárcase dentro das actividades programadas polo Concello de Burela para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive