25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A exposición fotográfica “A Mariña Somerxida” remata o seu itinerario en Barreiros do 28 de novembro ao 10 de decembro

27-11-19

 Viveiro, 27 de novembro, 2019. A exposición fotográfica “A Mariña Somerxida” promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, dos fotógrafos Carlos Gil e Hugo Fernández, remata o seu itinerario. Estará exposta dende o día 28 de novembro ata o día 10 de decembro no Salón de Actos do Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros, onde se poderá visitar en horario de luns a venres de 10:00 h.-14:00 h. e de 17:00 h.-19:30 h.
Cunha grandísima acollida no resto de concellos, esta exposición fotográfica única na Mariña Lucense, mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se aínda non tiveches a sorte de vela, aproveita esta última oportunidade e visita San Cosme para descubrir os fondos mariños da costa de Lugo.
As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademais un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas. A exposición “A Mariña Somerxida” convértese nun referente para a concienciación e divulgación mariña.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive