15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A subdelegada do Goberno preside a xuntanza cos representantes da administración nas mesas electorais

08-11-19

 Lugo, 8 de outubro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe unha xuntanza na que se ultimaron os preparativos para a celebración da xornada electoral do 10 do novembro, reunión na que participaron as persoas que actuarán como representantes da administración nas 538 mesas electorais que se constituirán na provincia.

Os representantes da administración formarán parte dun amplo dispositivo composto por 6.359 persoas que se mobilizarán o domingo para garantir o exercizo do dereito ao voto dos 344.445 lucenses convocados este domingo a elixir aos 4 deputados e 4 senadores que representarán a provincia nas Cortes Xerais.

Para constituir as mesas electorais foron seleccionados na provincia un total de 4.842 persoas, entre titulares e suplentes, nos sorteos celebrados nos 67 concellos.

Da seguridade da xornada electoral ocuparanse 1.104 axentes, a gran maioría (1.000) son membros da Garda Civil e a Policía Nacional, que contarán co apoio das Policías Locais de Lugo, Viveiro, Ribadeo, Foz, Burela, Vilalba, Chantada, Guitiriz, Cervo, Sarria e Palas de Rei, así como da Policía Autonómica.

Ademais, 413 as persoas actuarán como representantes da administración e ocuparanse de verificar a correcta apertura das mesas, resolver posibles incidencias e recoller os datos do reconto do voto cando pechen as mesas.

Nas eleccións xerais do 10 de novembro están chamadas a votar na provincia de Lugo 344.445 persoas, das que 277.219 son residentes nos 67 concellos e 67.226 residen no exterior.

Un total de 17 persoas con deficiencia visual solicitaron na provincia o kit especial que lles permitirá exercer o seu dereito ao voto nestas eleccións.

Nestes comicios, os lucenses escolleremos 4 deputados no Congreso e 4 senadores. Na nosa provincia, son 12 as candidaturas proclamadas para o Congreso e outras 11 para o Senado, unha menos que nas eleccións de abril.

Respecto da loxística preparada para a celebración das eleccións, a na provincia haberá un total de 408 locais electorais nos que se distribuirán as 538 mesas de votación. Ademais, imprimíronse un total de 3.000.000 de papeletas das distintas candidaturas que se presentan ao Congreso dos Deputados e 250.000 papeletas para o Senado.

A próxima medianoite rematará a campaña electoral . Mañá, sábado, día 9 de novembro, será a xornada de reflexión e as votacións terán lugar o domingo, día 10, entre as 9:00 e as 20:00 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive