Mondoñedo, 8 de novembro de 2019.- Mondoñedo acolle a quinta convocatoria do Espazo Coworking Mariña dirixido a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente –con menos de 6 meses-. A convocatoria do que se desenvolverá entre xaneiro e xullo do 2020 permanecerá aberta ata cubrir as 22 prazas dispoñibles para emprendedores.
A rexedora local, Elena Candia, sinalou que “este espazo ofrece distintos tipos de actividades de formación e asesoramento personalizado para o desenvolvemento dos seus proxectos empresariais” tales como talleres, sesións de formación global ou mentorización, “entre outros eventos de acceso libre para outros emprendedores, empresarios ou persoas interesadas”.
A alcaldesa puxo en valor estas iniciativas debido ao “apoio que ofrecen de cara ao impulso de novas empresas e, polo tanto, que contribúen a crear novos postos de traballo”.
Os talleres ofrecen axuda aos emprendedores para validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así coma ao desenvolvemento das habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: “Lean Start Up: Evaluación e validación do teu plan de negocio”; “Crowfunding”, “Estratexias de comunicación en redes sociais”, “Creatividade e innovación“, “Como poñer en marcha un Plan de marketing dixital”, etc. Estes talleres son abertos ao público e de asistencia obrigatoria para os participantes do coworking.
No caso das sesións de formación grupal, dirixidas en exclusiva aos participantes do coworking –e, polo tanto, tamén de asistencia obrigatoria- traballaranse materias específicas para o impulso e despegue dos proxectos. Entre outros, abordaranse temas coma o de finanzas para emprendedores non financeiros, habilidades de comunicación ou xestión do talento.
Os participantes do coworking terán tamén acceso a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores dende o deseño de modelo de negocio á súa posta en marcha e optimización, dando resposta ás necesidades que xurdan durante o proceso.
Tamén se celebrarán outras actividades de acceso libre encamiñadas a potenciar o networking e compartir best practices a través da experiencia doutros emprendedores ou empresarios. Esta nova edición pecharase co denominado Demo Day no que se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, así coma a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.
Espazo Coworking
O Espazo Coworking conta coa colaboración entre a Escola de Organización Industrial (EOI) e o Instituto Galego de Promoción Económica -IGAPE que conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Energía e Turismo e o IGAPE.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



