25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alfredo Llano fai un balance moi positivo da participación da Fundación Expomar na feira celebrada estes días en Cabo Verde

28-11-19

 Burela, 28 de novembro de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, fai un balance moi positivo da participación da Fundación Expomar na feira do mesmo nome que estes días se celebrou en Cabo Verde. O rexedor lembrou que alí operan moitos armadores de Burela. O presidente da Fundación Expomar tamén subliñou que os días 12 e 13 de decembro se celebrará na localidade o I Congreso Nacional de Artes de Pesca, cuxo programa está practicamente pechado.
Alfredo Llano contou que “a Fundación Expomar é consciente de que debe estar en todos aqueles lugares onde teñamos nosoutros representación, por exemplo en Cabo Verde onde operan moitos dos nosos armadores, e polo tanto debéramos estar aí. É un sector que queremos impulsar a través de Expomar, queremos estar con eles, e aí estivemos facendo os trámites que son convenientes para dar coñecer o que é a pesca aquí na nosa terra, na comarca da Mariña, o que son as innovacións náutico pesqueiras que están ofrecendo estas feiras, ademais que a nosa Feira Expomar, que se celebra en Burela cada dous anos, é un referente clarísimo en Cabo Verde e ata lle puxeron o mesmo nome”.
O alcalde e presidente da Fudación Expomar engadiu que “se fixeron transaccións, se falou da pesca, do negocio, de tecnoloxía, e todo iso sempre é moi positivo para o sector, e desde logo nosoutros penso que tivemos unha presenza, de acordo tamén cun programa onde colaborou a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e tamén houbo armadores nosos alí, que estiveron compartindo espazo. Tiveron a visita do Presidente de Cabo Verde e varios ministros, ou sexa que houbo relacións importantes e de alto nivel, que creo que vai ser moi positivo para futuros encontros e acordos con Cabo Verde”.
Ata Cabo Verde se desprazou estes días o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González.
Congreso Nacional de Artes de Pesca
Alfredo Llano salientou que “agora mesmo estamos xa definindo e concretando o programa do I Congreso Nacional de Artes de Pesca que se vai celebrar aquí, derivado do programa que estamos a levar a cabo, a través da Fundación Expomar, que é o Centro de Coñecemento e Patrimonio Cultural Pesqueiro, no que destaca ese congreso en Burela os días 12 e 13 de decembro. Expomar está facendo o traballo que lle corresponde que, segundo os seus propios estatutos, é axudar a consolidar un futuro moi prometedor para o sector náutico pesqueiro. Así que estamos, tanto en Cabo Verde como aquí en Burela, dando os pasos fundamentais para que iso sexa así”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive