19 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cristina finalizará a súa recuperación compartindo pista con Comarcal A Fervenza

08-11-19

 Burela, 8 de novembro, 2019. Logo de oito meses e daquel fatídico partido con Jimbee Roldán FSF en marzo, chegan as boas noticias para Cristina Pérez. A pivote murciana xa ten a alta médica, tras a intervención de xeonllo á que se someteu a mediados do mes de abril, e poderá afrontar a recta final da súa recuperación compartindo pista co equipo filial, Comarcal A Fervenza FSF.

“Estou moi contenta, foron uns meses bastante malos, sobre todos os primeiros. Xa pasaron seis meses e medio da operación e as sensacións agora son moi boas. Xa levo adestrando co grupo varias semanas e creo que me atopo mellor dos esperado” explicaba a xogadora laranxa, moi ilusionada con esta nova etapa: “Para min será unha grande oportunidade, poder coller o ritmo de competición con este equipo, non só adestrando. Poderei comezar a disputar minutos en Segunda e ir collendo o ritmo e así axudarnos mutuamente” confesaba Cristina, que poderá estar dispoñible para a Familia Rosa, na cita fronte ao Universidad de Valladolid, na xornada 6, este sábado (A Malata, 20.00 horas):

“Os nervios sempre están aí. Non é o mesmo adestrar que ter ese formigueo pola competición, sobre todo logo de oito meses” recoñecía a burelista, puntualizando: “Esta etapa fíxome valorar o que teño, o que é poder xogar e adestrar”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive