25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Mondoñedo ve iregularidades no cobro do imposto de plusvalía municipal e pide que se suspenda

27-11-19

 Mondoñedo, 27 de novembro do 2019. O BNG de Mondoñedo solicitará no pleno municipal que se vai celebrar o vindeiro venres 29, as 20:30 horas, a suspensión das actuacións relativas á xestión, liquidación e recadación do imposto que o goberno de Elena Candia encomendou ao Rexistro da Propiedade e pedirá que queden sen efecto as realizadas desde a sinatura do convenio, en xaneiro do 2019.
Segundo indica o voceiro nacionalista na corporación, Eloi Cabanas, a Xunta de Goberno local do concello de Mondoñedo aprobou un convenio de colaboración co rexistro da propiedade para a xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza. Cabanas entende que a competencia da sinatura do citado convenio é do pleno do concello e non dun acordo da xunta de goberno local, “as formas de xestión dos servizos públicos son competencia do pleno e a aceptación dunha encomenda de xestión, encuberta esta baixo a denominación formal de Convenio de Colaboración, esixe a maioría absoluta dos membros da corporación”.
O edil mindoniense tamén interpreta que as actuacións que encomenda o concello ao rexistrador titular do rexistro no citado convenio superan en moito as actuacións susceptibles de ser encomendadas e carecen de eficacia xa que non foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, “O rexistro pode facer labores técnicas de colaboración co concello para que este resolva sobre as autoliquidacións ou liquidacións pero actuacións como as de comprobación, ditar actos recadación, recadar en voluntaria, redactar actos de notificación só poden ser ditados polo concello ou por delegación deste na Deputación de Lugo na Axencia Estatal de Administración Tributaria ou na Comunidade Autónoma e non no Rexistro da Propiedade como reza o convenio”.
Eloi Cabanas entende que este tipo de políticas de afán recadatorio non axudan nada a un concello que quere reverter a perda de poboación que sufre tanto no ámbito urbano como no rural e están provocando un efecto contrario.
“O concello de Mondoñedo leva recadados no que vai de ano 70.000€ polo concepto de plusvalía cando as previsións, segundo os orzamentos do ano 2019, eran de 6000€, conclúe.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive