Lugo, 6 de abril 2019. A candidata ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, reclamou a construción total da A54 (autovía a Compostela) e a reactivación do proxecto da A56 (autovía Lugo-Ourense). A nacionalista reclamou que “Lugo non se pode permitir máis o abandono co resto do país, precisa infraestructuras axeitadas, é absolutamente inadmisíbel que a veciñanza das comarcas de Lugo, de todas elas, teña que padecer as gravísimas consecuencias desta descrimanción que padecemos”.
O BNG esixe o dereito da veciñanza luguesa a contar cunhas infraestruturas en correctas e en condicións, que vertebren o territorio e garantan a seguridade na condución. Rodil sinalou “é unha tomadura de pelo que veñan pór outra pedra a unha infraestrutura en construción xa fai 30 anos”.
Por iso, o BNG reclama unha infraestruturas dignas, na que as luguesas e lugueses poidamos circular e ter comunicación directa coa capital do país e co resto de provincias, “Lugo ten que estar no mapa”
A ribeirega sinolou “para rachar con esta situación debemos ter claro que este 10 de novembro temos que apostar por nós, porque se nós confiamos en nós mesmas teremos todo o que nos propoñamos, ninguén o fai, como se pode ver nos últimos orzamentos pactados entre o PSOE e Podemos no que vimos que Galiza quedou desaparecida”
Sumar voto de país.
Rodil tamén sinaliou o apoio recibido ao BNG nestes días e apelou a sumar o voto de país e progresista nestas eleccións as Cortes españolas para que Galiza teña voz propia “o voto ao BNG nestas eleccións é vital para que as galegas e galegos teñamos voz e voto para decidir o noso futuro e o BNG é única forza que suma”





















O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



