16 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP denuncia que Fernando Suárez e o seu equipo votan en contra dun plan municipal de residuos para Ribadeo

06-11-19

Ribadeo, 6 de novembro, 2019. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, acusou ao goberno local do BNG de improvisación no referente á recollida do lixo e á limpeza de colectores e rúas durante a sesión plenaria da que os edís populares saíron “outra vez coa dúbida de se o noso Concello conta cun plan de residuos ou non”.

Sierra recordou que “dende o Grupo do PP ribadense presentabamos unha moción ao Pleno da Corporación municipal para instar ao equipo de Fernando Suárez a elaborar un plan de residuos; pero o concelleiro de medio ambiente, o señor Díaz Freije, alegou que un concello de 10.000 habitantes non está obrigado a contar cun plan deste tipo”. Para os populares non serve esta escusa; xa que “o noso concello xa contaba cun plan neste materia” que fora elaborado polo goberno do PP para o período 2000-2005 aprobado por unanimidade polos grupos da Corporación e situou a Ribadeo como o segundo municipio en contar cun plan deste tipo despois de A Coruña e o primeiro en consonancia co Plan de Residuos de Galicia. A este respecto, a popular culpa ao actual goberno de “non ter actualizado este plan” e, polo tanto, “deixar perder un traballo que resultaría beneficioso para os ribadenses”.

A vicevoceira popular non se mostra conforme coas palabras do concelleiro de medio ambiente ao explicar que “pode amosar cando se recollen as distintas fraccións ou cando e a onde foron os operarios da limpeza; pero non pode explicar a onde irán dentro de dous días ou unha semana”. É polo que Sierra considera que “sona a improvisación” e lamentan que o equipo de goberno local votaran en contra da creación dun plan de residuos que solicitabamos. A popular engadiu para referirse aos membros do goberno do BNG dicindo que “mentres ninguén os obrigue, viven improvisando”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive