15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Vega invita a Fernando Suárez a “non seguir a política do insulto” e “poñerse a traballar en beneficio de Ribadeo”

29-11-19

 Ribadeo, 29 de novembro de 2019. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, invita a Fernando Suárez a “desmarcase da política do insulto e poñerse a traballar en beneficio dos ribadenses”.

O popular amosa a súa “indignación” ante as “descualificacións que o señor Suárez me dirixiu”; xa que “non son propias dunha persoa co seu cargo institucional”. E, nese sentido, quere deixar claro que “dende o Grupo do PP estamos a traballar na defensa dos intereses dos ribadenses sen caer no insulto ou na descualificación. Non imos entrar nese xogo”, avanza.

“Precisamente en relación ás vivendas de promoción pública, puxemos en valor aquelas das que se teñen beneficiado persoas e familias no noso municipio. A última foi entregada o pasado día 8 deste mesmo mes: trátase dun piso situado na rúa Rafael Fernández Cardoso do que a Xunta transfería a propiedade ao seu adxudicatario”, apunta.

Mentres que “o goberno local despreza a colaboración institucional”, Vega reivindica, unha vez máis, que “esta colaboración beneficia aos veciños e ás veciñas de Ribadeo”. Ademais, destaca “o compromiso do goberno galego coas persoas e familias que demandan vivenda de promoción pública en Ribadeo” e aplaude a xestión por parte da Xunta “do diñeiro recadado dos nosos impostos”; xa que “canaliza eses recursos en beneficio dos veciños e veciñas que máis o podan necesitar”, conclúe o voceiro do PP no municipio ribadense, facendo referencia á dotación de vivenda de promoción pública a prezos reducidos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive