Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe tras a reunión mantida xunto co presidente da Xunta co grupo de traballo local por unha transición xusta para a central térmica das Pontes que a semana que vén se celebrará un encontro no que Alberto Núñez Feijóo trasladará á ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e a Endesa a posición común de Galicia, esixindo garantir a continuidade da actividade da planta das Pontes mentres se buscan solucións alternativas. Nesta reunión tamén estará o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso.
Tras a xuntanza desta tarde, na que participaron representantes da Corporación municipal das Pontes, empresarios e sindicatos, Conde fixo fincapé en que a prioridade é que a central poida seguir funcionando e que se poidan identificar cales son as medidas que tanto a través do Goberno como de Endesa poden garantir a reactivación da central, necesaria para poder acceder ás axudas para unha transición enerxética xusta que Europa impulsará a partir de 2021. En paralelo, subliñou Conde, cómpre identificar alternativas de cara a futuro. “Temos unha posición clara: a central non pode pechar, ten que continuar coa súa actividade, e dar unha resposta a 700 familias que dependen os seus postos de traballo desta decisión”.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria incidiu en que “hai argumentos claros para trasladar ao Goberno desde o punto de vista da subministración, da garantía do emprego e da necesidade dunha transición xusta nas Pontes”. Así, Conde resaltou que estes argumentos serán trasladados ao Goberno “para que poida tomar decisións na mesma medida que se están tomando no resto de Europa”.
Así, Francisco Conde lembrou que o resto de países europeos están mantendo a actividade das súas centrais, sinalando que España, nun proceso de transición xusta, “ten que homologarse ao resto de países e polo tanto saber que ningunha decisión pode ter un impacto negativo no emprego, e que ningunha decisión pode pechar oportunidades a unha comarca e a unha Comunidade autónoma”.


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



