25 de Xaneiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comunicado da Plataforma Sanitaria A Mariña

13-12-19

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña comunica que ante a imposibilidade de acudir á concentración que convoca o movemento #VerínNonSePecha diante do Parlamento de Galicia o vindeiro martes ás 12 horas, para rexeitar o peche dos paridoiros do hospital de Verín desde o pasado 1 de decembro, realizará unha concentración de apoio ao mesmo diante do Hospital da Mariña coincidindo coa data e hora da concentración de Compostela. Animamos e emprazamos a veciñás, veciños, colectivos e profesionais sanitari@s da comarca para que se acheguen ata a entrada principal do hospital da Mariña o martes 17 ás 12 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive