Ribadeo, 4 de decembro de 2019. O Concello de Ribadeo organiza unha nova edición da carreira San Silvestre 2019 que se celebrará o 31 de decembro. A inscrición ábrese esta medianoite. O evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico de Deportes, Iván López.
As carreiras das categorías inferiores terán lugar a partir das 16:40 horas polas rúas peonís de Ribadeo. A saída da proba absoluta será ás 17:00 horas.
O recorrido da Mini Sal Silvestre de Pituf@s terá unha distancia de 100 metros e a saída será diante da Oficina de Turismo para rematar diante do Concello. Nesta categoría inclúense os nad@s en 2016, 2017, 2018 e 2019 (que saiban camiñar). Esta proba será non competitiva e haberá medallas para tódol@s corredores/as inscrit@s chegados a meta.
A Mini San Silvestre para Iniciación e Prebenxamín, para nad@s entre 2012 e 2015, dará comezo ás 16:45 horas, terá unha distancia de 400 metros e consistirá nunha volta ao parque San Francisco con saída e chegada diante do Concello. Nesta proba haberá trofeo para o primeir@ corredor e corredora e medallas para @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría.
A Milla para as categorías Benxamín e Alevín, nad@s entre 2008 e 2011, comezará ás 16:50 horas, terá unha distancia de 1.150,37 metros e discorrerá polas rúas peonís de Ribadeo, con saída entre os parques e chegada á praza de España. Haberá trofeo ao primeiro corredor e corredora e medallas para @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría.
A carreira de San Silvestre Ribadeo 2019 para adultos terá unha distancia de 5.000 metros e sairá entre os dous parques chegando á praza de España, diante do Concello. Nesta proba participarán as categorías: Infantil, Cadete, Junior, Senior, Veteran@ A-B-C-D e Vehículo Adaptado. Haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (masculino e feminino), trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e tres mulleres da categoría absoluta, para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres ribadenses e para o corredor máis veterano e a corredora máis veterana en rematar a proba. Os premios serán de 100€, 50€ e 25€ e non son acumulativos.
A inscrición é gratuíta, cun máximo de 400 inscritos en carreiras de nen@s e 1.000 en adultos. O prazo para anotarse da comezo esta media noite e remata o 26 de decembro ás 23:59 horas. Pode facerse en www.championchipnorte.com.; de xeito presencial nas oficinas de deportes e información xuvenil do Concello de Ribadeo (OMIX), Casa da Xuventude, ata o 26 de decembro ás 14:00 horas; e por mail en deportes@ribadeo.org ata o 26 de decembro ás 14:00 horas.
A retirada dos chips e dorsais terá lugar o 31 de decembro de 11:45 e 13:00 horas e de 15:00 a 16:15 horas no Concello de Ribadeo. Os corredores con chip propio deberán levalo para a carreira. Os chips son persoais e intransferibles e van asociados a cada participante.
Toda a información sobre a proba estará dispoñible na páxina sansilvestre.ribadeo.org.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
