28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Primeira xuntanza da familia Peinó

29-12-19

 Alfoz, 29 de decembro, 2019. O apelido Peinó é un misterio. Houbo varios intentos de descubrir a súa orixe, falándose de que, talvez, procedera dun médico que chegaría a España nas tropas de Napoleón, cando invadiran o noso país: sería de apelido Peineau, que logo derivaría por cuestións de tradución en Peinó. Pero nada é seguro. O que si está case comprobado é que se unha persoa ten o apelido Peinó é que pertence a esta familia, pois é un apelido único, cunha única procedencia. Existen persoas co apelido Peinó en moitos lugares de Galicia e España, incluso no estranxeiro: hai Peinós en Lugo capital, en Burela, en Foz, no Barco de Valdeorras, na Coruña, en Santiago de Compostela, en Cataluña, en Madrid, incluso en Arxentina, hóuboos tamén en Francia… Ademais, os fillos de Juan Peinó e a súa esposa Rosario foron moitos e tiveron tamén moitos fillos, polo que actualmente a familia Peinó é tremendamente numerosa. Moitas ramas desta familia non se coñecían entre si. Pero este ano a cousa foi cambiando. Por iniciativa de Mariví García Peinó, de Lugo, creouse un grupo de whatsapp no que, pouco a pouco, fóronse engadindo números, iniciando contactos e moitos Peinós comezaron a interactuar. O desenlace foi unha xuntanza gastronómica no restaurante Terras do Miño, no paseo do río Rato, en Lugo capital. Aínda que eran moitas máis as persoas que desexaban estar presentes na xuntanza, as obrigas de emoitas impedíronllo, pero, a pesar de todo, xuntouse medio centenar de familiares. As emocións brotaron enseguida, os reencontros, as presentacións, os recordos dos falecidos. Viñeron anciáns, xente adulta e tamén moita xente nova, o relevo dos Peinós que xa van maiores. O éxito da xuntanza fixo que os propósitos dunha segunda reunión familiar pola vindeira primavera estean xa en marcha, esta vez na Mariña Lucense, en Burela. Moitos dos que non puideron estar nesta primeira reunión aseguran que procurarán estar na vindeira. Seguro que si.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive