25 de Xaneiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este mércores ás sete da tarde na Sala de Arte da Casa da Cultura terá lugar a entrega dos premios aos gañadores/as do Certame de Postais Nadal 2019 de Burela

13-01-20

 Burela, 13 de xaneiro de 2020. O vindeiro mércores, día 15, ás sete da tarde na Sala de Arte da Casa da Cultura terá lugar a entrega dos premios aos gañadores/as do Certame de Postais Nadal 2019.
Ao remate do acto procederase a clausurar a exposición das Postais do Nadal, presentadas nesta edición ao concurso.
O xurado fixo público o veredicto do devandito Certame, que foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Burela. Os gañadores/as foron os seguintes:
Educación infantil
-1º premio: Pedro Cociña Lestao. 4 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-2º premio: María Rega Eijo. 5 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-3º premio: Sabela Braña Moran. 5 anos. CEIP VISTA ALEGRE.

1º e 2º de Primaria
-1º premio: Lucía Quelle Fernández. 6 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-2º premio: Diego Calvo Fernández. 6 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-3º premio: Hugo Caruncho Corral. 6 anos. CEIP VIRXE DO CARME.

3º e 4º de Primaria
-1º premio: Víctor López Pérez. 9 anos. CEIP FONDO NOIS.
-2º premio: Alejandro Chao Fraga. 9 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: David Valle Cajoto. 8 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
5º e 6º de Primaria
-1º premio: Carmela Fernández García. 11 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-2º premio: Ana Lestao Ben. 11 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: Sara Rodil Lamas. 10 anos. CEIP VIRXE DO CARME.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive