Ribadeo, 10 de xaneiro de 2020. A vicevoceira do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Elena Sierra, lamenta que “o señor Fernando Suárez non nos ofrecera ningunha resposta sobre a recollida do lixo” despois de terlle solicitado que “repensara a decisión” de suprimir o servizo nos días festivos para evitar “un caos” que repercutiría nunha “mala imaxe para o pobo e para o turismo”.
A popular engade que “coma sempre, non escoitamos unha contestación por parte de Fernando Suárez”, pero “si nos di o concelleiro de Medio Ambiente que se reduce o servizo de recollida do lixo para contribuír a conciliar a vida laboral e familiar dos traballadores”. Polo tanto, Elena Sierra pregúntase “se ata agora non se respectaba o descanso dos operarios do servizo”.
A concelleira do PP ribadense solicita ao goberno local do BNG “menos escusas e máis solucións”. Nese sentido, dende o Grupo Municipal Popular de Ribadeo demandan un plan de traballo que respecte as condicións dos traballadores” e que, ao mesmo tempo, “o servizo de recollida do lixo continúe a desenvolverse diariamente no noso municipio”.
Sierra critica que “o goberno local elimina un servizo público, pero o concelleiro de Medio Ambiente segue cobrando a súa dedicación exclusiva”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



