25 de Xaneiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Olalla Rodil “Galiza non precisa de ningún proxecto universitario privado ao servizo de Abanca”

10-01-20

 Lugo, 10 de xaneiro de 2020. Olalla Rodil, portavoz parlamentaria de Educación do BNG no Parlamento Galego, acompañada por Maite Ferreiro e Felipe Rivas, concelleiros do BNG do Concello de Lugo, mantiveron unha xuntanza coa vicerreitora da USC en Lugo, Montserrat Valcárcel para achegar a postura do BNG diante do proceso da nova universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa presentado pola corporación bancaria Abanca, ante o impulso por parte do goberno do Partido Popular dunha lei para facilitar a súa apertura.

Nesta xuntanza o BNG presentou unha postura de rotundo apoio á universidade pública, onde a parlamentaria galega resaltou que “Galiza non precisa de ningún proxecto universitario privado ao servizo de Abanca”.

A deputada nacionalista resaltou que a Xunta está minguando o sistema universitario galego ano tras ano, onde os recortes nesta última década ascenderon a 438 millóns de euros. “O proxecto e os ideais do BNG témolos claros, estaremos sempre coa defensa da universidade pública e non a favor dos intereses da banca” afirmou Rodil, que achegou a proposta do Bloque neste eido, que defende o incremento dos fondos de financiamento da universidade pública en 2020 e un novo plan de financiamento para o SUG.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive