10 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Bloques Cando S.L adquire tres parcelas no polígono industrial de Mondoñedo

14-02-20

 Mondoñedo, 14 de febreiro de 2020. Bloques Cando S.L adquire tres parcelas (S26, S27 e S28) no polígono de Mondoñedo. Esta actuación permitirá que a localidade mariñá aumente a actividade industrial e empresarial. Neste caso, no sector do formigón.

Concretamente, a aposta desta firma conleva a implantación nunha superficie, que supera os 3.100 metros cadrados, dunha planta destinada á fabricación deste material para posterior distribución en obra.

O proceso de implantación leva aparellado tamén a creación de novos postos de traballo de forma directa e indirecta, xa que a súa posta en marcha require a contratación de persoal tanto para operar na planta en si, como para a distribución do material.

Coas axudas do Concello
Esta iniciativa xurde logo de que o Concello puxese en marcha unha liña de axudas para o fomento de actividades económicas no parque empresarial, pois para o equipo de goberno resulta prioritario o fomento do mantemento e consolidación das actividades existentes, así como a captación de novas iniciativas que contribúan a crear postos de traballo e revitalizar a economía local.

Mondoñedo é municipio doing business, é dicir, un concello adherido a esta iniciativa, impulsada desde o IGAPE, que permite ofrecer as empresas que se instalen no seu territorio rebaixas fiscais. Deste xeito, os proxectos empresariais que xeren emprego como o sinalado disporán de rebaixas no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e no Imposto de Actividades Económicas (IAE).

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive