Ribadeo, a 14 de febreiro de 2020.- “O asentamento da actividade empresarial que, á súa vez, contribúe ao asentamento da poboación é fundamental para o futuro de Ribadeo”. Así o asegura o portavoz do Grupo Municipal do PP, Daniel Vega, en relación a unha das propostas nas que xa traballan e que defenderán os populares na vindeira sesión ordinaria do Pleno da corporación local: unha moción para instar á Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES) dependente do Goberno do Estado e que xestiona o parque empresarial de Ribadeo a rebaixar o prezo do solo e que o Concello ribadense elimine as cargas impositivas sobre o asentamento de empresas no polígono industrial.
Vega critica “a falta de medidas por parte do goberno local para garantir o asentamento empresarial, o que evidencia a súa falta de compromiso co crecemento económico e co futuro de Ribadeo”. Nesa liña, a proposta dos populares, que agardan que conte co respaldo dos distintos grupos da corporación municipal, “contribuiría a facilitar ás empresas o seu asentamento no polígono ribadense e incentivar o desenvolvemento da actividade industrial no noso concello”.
Tendo en conta que “o coste do solo é unha das principais dificultades para a súa ocupación”, o popular considera necesario “establecer políticas dirixidas á creación de condicións idóneas para atraer empresas tanto en materia de infraestruturas coma de coste do solo industrial” e, a nivel local, “tamén a través da redución ao máximo posible das taxas impositivas”.
Nesta liña, o voceiro do PP ribadense pon de exemplo “aos polígonos industriais xestionados a través de Xestur, sociedade dependente da Xunta de Galicia, porque ofrecen prezos moi competitivos que resultan máis atractivos para as empresas”. É por iso polo que defende que “o organismo estatal -SEPES- estableza un prezo do solo industrial similar ao doutras administracións coma a Xunta; ademais doutras facilidades para os interesados en adquirir terreos”.
A Xunta incentiva a compra de solo público
Daniel Vega explica que “o Goberno galego ten posto en marcha, co obxectivo de incentivar a compra de solo industrial público, unha liña de bonificacións no prezo das parcelas, ampliación dos prazos para facilitar os pagos ou, máis recentemente, o denominado dereito de superficie”. E todo isto contribúe, segundo o popular, “a xerar actividade económica e crear novas oportunidades de emprego”.
O popular considera que “as políticas dirixidas á oferta de solo industrial a un prezo máis accesible e á redución das taxas por parte das administracións van na dirección correcta” e, máis agora, “cando se producen os primeiros síntomas de desaceleración da economía”. Polo tanto, Vega defende que “é prioritario facer que empresas e emprendedores dispoñan de oportunidades para desenvolver a súa actividade inversora que permita, á súa vez, incentivar o crecemento produtivo e económico do noso municipio”.






















O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



