05 de Abril de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Asistencia moi numerosa nas Olimpíadas de Atletismo abertas organizadas polo CCA Ría de Foz

08-03-20

 Foz, 7 de marzo, 2020. Na tarde deste venres 6 de marzo, o Club de Atletismo ‘Ría de Foz’ organizou, nas instalacións do Colexio Martínez Otero, unhas Olimpíadas de Atletismo abertas a todos os pícaros interesados. Estas olimpíadas, que estaban dirixidas a todos os rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos que quixesen coñecer de primeira man as diferentes disciplinas do atletismo en pista, foron todo un éxito, posto que acudiron á cita máis de 60 nenos de todas as idades. Nestas olimpíadas os pícaros puideron coñecer, perfeccionar e mellorar moitas das disciplinas que desenvolverán na tempada de pista. Desde o Club de Atletismo Ría de Foz queremos agradecer a asistencia de todos os pícaros participantes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive